AUXILIA DELEGACIÓN LUGO

Información general
Asistencia social/Dereitos humanos
Persoas con discapacidade
Descripción (gallego): 

Auxilia é unha entidade de voluntariado de ámbito nacional, sen ánimo de lucro e sen adscrición política ou confesional, que traballa pola NORMALIZACIÓN da vida das persoas con discapacidade física.
Foi fundada en Francia no ano 1926, por Margarite Rivard, dedicándose á formación domiciliaria de enfermos de longa curación. En 1952 créase a sede española de Auxilia, en Barcelona, onde segue neste momento. O Núcleo de Lugo fúndase no ano 1972. Na actualidade son oito Núcleos os que permanecen abertos en España.
Dende Auxilia-Lugo loitamos pola igualdade de oportunidades das persoas con discapacidade física e por mellorar a súa calidade de vida. Continuamos co traballo iniciado hai moitos anos, para que persoas con diversidade funcional poidan compartir os mesmos espazos de convivencia que o resto da poboación: o espazo físico, o educativo, o laboral, o de ocio, etc. Abanderamos, por todo isto, o lema “Por aquí movémonos tod@s” como reivindicación dunha vida normalizada.

Que facemos?
O programa de actuación de Auxilia Delegación de Lugo, baséase en catro proxectos básicos:
• A eliminación de barreiras arquitectónicas e o pulo do turismo accesible. Dende esta área reivindícase o deseño universal e realízase un constante labor de denuncia. Faise o mantemento e actualización da guía de accesibilidade en internet www.lugoaccesible.net. Participamos como representantes das entidades de persoas con discapacidade no Gabinete de Accesibilidade do Concello de Lugo.
• O reforzo da autonomía persoal e social e a atención á dependencia. Prestamos orientación específica sobre determinadas cuestións que poden chegar a ser causa de discriminación e marxinación social: recursos económicos, vivenda, transporte, eliminación de barreiras arquitectónicas, educación, ocio e tempo libre, etc. Informamos e orientamos sobre a Lei de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia. Realizamos seguimento domiciliario de grandes dependentes.
• A promoción socio-cultural e o fomento do voluntariado. Realizamos campañas de sensibilización e charlas en colexios, para que profesores e alumnos reflexionen sobre a realidade deste colectivo. Loitamos pola normalización na ensinanza obrigatoria e na universidade, entendendo que a formación adecuada é a base da futura integración laboral. O acceso á oferta cultural é de vital importancia para un colectivo illado históricamente. A través destas actividades tamén difundimos a importancia do voluntariado para a entidade.
• A consolidación da vida asociativa e das relacións co contorno: o ocio integrador. Tratamos de darlle contido ás actividades de ocio, aproveitando o contorno lúdico normalizado para abordar habilidades sociais e mellorar a autonomía persoal. A través destas actividades tamén fortalecemos os lazos entre os asociados e o apoio mutuo.

Número de socios: 
108
Datos de contacto
Avenida Infanta Elena nº11. Casa Clara Campoamor. Local 4. 27003 Lugo
0
Lugo
1
982202307
0
0
0
Información adicional
Organigrama: 
Manuel Ignacio Piñeiro Piñeiro
Delegado Local
Nuria Neira Vila
Secretaria e Vicedelegada
Organigrama privado: 
0
Imágenes: