ASOCIACIÓN CULTURAL E RECREATIVA CARBALLO VIVO

Información xeral
Culturais
Deportes
Medio Ambiente
CULTURAL
Descrición (galego): 

A Asociación Cultural e Recreativa Carballo Vivo nace coa finalidade de provocar un impacto social no eido da vida do nosos veciños e veciñas, buscando formulas integradoras de colaboración e dinamización cultural do rural. A etiqueta de Carballo Vivo pretende ser garantía de desenvolvemento de proxectos en prol do rural, especialmente na contorna de actuación. Entre os fins da asociación destacan os de promover o interese pola cultura e tradicións propias do entorno nas súas diferentes manifestacións, traballar pola defensa e recuperación do patrimonio etnográfico, lingüístico, histórico, e artístico, colaborar coas Comunidade de Montes da contorna como motor económico e ambiental do rural, especialmente coa da parroquia de Carballo no que atinxe a promoción e incentivación dos seus produtos e a multifuncionalidade e sostibilidade dos diferentes usos. Entre as actividades destacadas esta a celebración dunhas xornadas de interpretación e dinamización de medio rural, promovidas por persoas solidarias que posúen unha ampla experiencia nas súas profesións ademais de ter un compromiso real de mellora das condicións no rural, ditas xornadas son un vinculo de conexión coa actualidade e a modernidade, facilitando un punto de encontro cos veciños e veciñas de forma que permitan reflexionar sobre a situación actual aportando iniciativas e proxectos de futuro que promovan o crecemento sostible e equilibrado dende un punto de vista tanto social e cultural como económico e ambiental.
Ademais celebranse outras actividades como rutas, organización de xogos poulares, festas tradicionais (magosto, entroido..).
O modo de difución de actividades faixe principalmente a través do Facebook "carballo vivo" e edición dunha revista anual e diverso material gráfico.

Número de socios: 
80
Datos de contacto
Manxadoiro s/n, localidade de Carballo (Friol-Lugo), cp:27228
0
Friol
José Manuel
0
647084545
0
0
0
Información adicional
Organigrama: 
José Manuel
Presidente
Angel
Secretario
Jose
Tesorero
Organigrama privado: 
0