ASOCIACIÓN CULTURAL GALEGA DE FORMACION PERMANENTE DE ADULTOS

Información xeral
Educativas
Xente Maior
Descrición (galego): 

A Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos é unha entidade sen fins de lucro, colaboradora da Xunta de Galicia, na que están integradas as Aulas de Terceira Idade de Galicia.
O motivo da actuación é a promoción sociocultural das persoas adultas que desexen perfeccionar a súa formación integral, contribuíndo á elevación do nivel cultural da sociedade galega.
Para levar a cabo estes obxectivos en ATEGAL realízanse con carácter permanente, dende outubro a maio seguindo un curso académico, as seguintes actividades clasificadas en catro grandes áreas, cunha media de 50 horas semanais por sede.

 Área cultural: Idiomas, historia da arte e de Galicia, xeografía, historia viva, literatura española e galega, cine, cultura.
 Área ocupacional: debuxo e pintura ó óleo, pintura en tela, traballos manuais, música, solfeo, rondalla, teatro, informática, tablets, smartphones.
 Área da saúde: ioga, pilates, ximnasia de mantemento, taichí, taller de memoria, habilidades sociais, risoterapia, danzaterapia.
 Área de ocio: celebracións de magosto, nadal, carnaval, letras galegas, viaxes e visitas culturais a museos e exposicións, inauguracións e clausuras de curso, participación en encontros e congresos, viaxe anual de fin de curso, etc.

Número de socios: 
350
Datos de contacto
direccion@ategal.com
0
Rafael Romero Valencia
0
981581533
0
0
0
Información adicional
Organigrama privado: 
1
Imaxes: