Asociación de Jóvenes Empresarios de Lugo

Información xeral
Organizacións de empresarios e autónomos
Empresa
Descrición (galego): 

A Asociación de Jóvenes Empresarios de Lugo, AJE Lugo, pretende abarcar dentro da súa estrutura asociativa a todos aqueles xoves empresarios que se decidan por fomentar a cultura emprendedora dentro da provincia lucense; entendendo por “xove empresario”, a todo aquel empresario menor de 40 anos, tanto si se trata dun novo empresario coma se xa leva tempo establecido co seu negocio.

AJE Lugo xurdiu en Maio do 2004 ao abeiro da Fundación CEL-Iniciativas por Lugo, integrada inicialmente por proxectos empresariais que formaban parte dos viveiros de empresa da CEL, co obxectivo fundamental de velar polos intereses comúns de tódolos seus membros: apostando por ser un interlocutor válido ante as distintas administracións públicas, así como para promover e defender os seus intereses tanto económicos como sociais dos seus asociados.

A Asociación, persigue como fines fundamentais os seguintes:

1. A representación, xestión, defensa e promoción dos intereses xerais e comúns dos seus membros (económicos, sociais, profesionais e culturais) ante toda clase de persoas e entidades, públicas ou privadas.
2. Informar e asesorar ós seus asociados en cantos asuntos sexan do seu interese.
3. Establecer e prestar os servizos de interese común ou específicos que requiran seus membros, fomentando a solidarizade entre eles.
4. Organizar unha constante labor formativa e de promoción e asesoramento dos socios.
5. Programar as accións necesarias para conseguir melloras sociais ós seus membros.
6. Fomentar, axudar a desenrolar, e apoiar proxectos empresariais concretos dos seus membros.
7. Captar, fomentar, promover e desenrolar vocacións empresariais entre os xoves.
8. Impulsar a igualdade de oportunidades no mundo empresarial entre ambos sexos e fomentar a creación de empresas por parte da muller.

Co obxectivo de acadar estes fins, AJE Lugo ofrece unha serie de servizos aos seus asociados e a todos os emprendedores da provincia, dos cales destacamos:

1. Asesoramento técnico empresarial (fiscal, xurídico e laboral) con expertos do departamento xurídico da CEL.
2. Obter financiamento en condicións preferentes e informar de novas axudas, préstamos, convenios e cursos de formación que máis conveñan.
3. Asesoramos para a creación de empresas.
4. Posibilidade de acollerse a calquera dos convenios que ten firmados AJE, CEL, FEGAXE ou CEAJE con distintas entidades.
5. Disposición para ofrecer e beneficiarse das ofertas entre asociados.
6. Realizar proxectos de cooperación e formación con empresas pertencentes ó colectivo.
7. Participar en encontros e Intercambios comerciais e participar activamente en actividades organizadas por AJE.
8. Contactar e compartir experiencias con outros empresarios emprendedores- Networking empresarial.
9. Buscar apoio nun colectivo e compartir experiencias na creación, desenrolo e consolidación de empresas.

A Asociación ven realizando ademais, unha serie de actividades periódicas dende a súa creación no ano 2004:

1. Premio Xoven Empresario: unha das actividades máis importantes levadas a cabo na asociación, xa que recoñece a labor empresarial daqueles xoves empresarios que foron punteiros ó longo do ano no desenrolo da súa actividade empresarial. Este premio vai pola súa 4ª edición, víndose realizado nos anos 2008, 2009, 2011, 2013.

2. Almorzos de negocios: levados a cabo dende o ano 2005, esta actividade realízase de forma periódica unha vez ó ano, e neles os participantes aproveitan para presentar a súa empresa ao resto de asistentes, para que desta maneira novidosa, poidan ampliar a súa carteira de clientes e de provedores. Algúns exemplos desta actividade son os almorzos de negocios celebrados o 21 de decembro de 2005 no Círculo das Artes de Lugo, o 19 de abril de 2006 no Salón de Columnas do Círculo das Artes de Lugo, o 19 de maio de 2006 no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, o 22 de novembro de 2006 no Salón de Columnas do Círculo das Artes de Lugo, o 22 de novembro de 2009 na Deputación provincial de Lugo, o 18 de marzo de 2010 na sede da Xunta de Galicia de Lugo, o 24 de xaneiro de 2011 nas instalacións do CEI NODUS e outros celebrados na Sala 7 da Ronda da Muralla nº58, 6º andar, no Hotel Méndez Núñez, na Sala de Xuntas da Fundación CEL, ...

3. Charlas informativas de negocios: véñense realizando dende a constitución da asociación co fin de informar e titorizar aos nosos asociados sobre temas de actualidade, tendo lugar en función da actualidade informativa das mesmas en relación con temas candentes dentro do mundo empresarial como, por exemplo, a aprobación de novas leis que afecten a empresarios, novos tributos, información laboral, ... Algúns exemplos son a charla informativa sobre a implantación do Carnet por Puntos o 26 de xuño de 2006, as Xornadas informativas sobre o DNI electrónico realizada o 30 de marzo de 2010, ou a charla sobre responsabilidade empresarial e social levada a cabo o 24 de abril de 2014, entre outras.

4. Firma de convenios: un dos obxectivos de AJE Lugo é facilitar aos seus asociados contactos con empresas que poidan prestar servizos demandados polo mercado cunha vantaxe económica importante, ademais de promover calquera outra iniciativa que poida beneficiar aos seus asociados. Con este propósito, durante o ano 2014 AJE Lugo participou na firma de 3 convenios (convenio con Agronovo Ecoloxía, convenio con Carmen Porteiro e convenio con Vinissi).

5. Xantares e ceas de negocios: AJE Lugo celebra periodicamente unha serie de xantares e ceas networking, coas que se pretende ser un punto de encontro no que os mozos empresarios poidan coñecerse e establecer un coloquio con persoeiros importantes na vida política, social, económica ou empresarial para, dalgunha maneira, aprender da súa experiencia ou vivencias, servíndose como unha axuda para o seu día a día empresarial. Sólense realizar dúas ó ano, unha antes do verán e outra coincidindo coa festa do San Froilán. O comezo deste tipo de eventos tivo lugar no ano 2009 no Gran Hotel de Lugo.

6. Patrocinio e promoción de asociados: este tipo de accións véñense realizando dende o ano 2013, co obxectivo de promover aos asociados de AJE Lugo a través dunha serie de entrevistas realizadas por medio de Onda Cero Lugo, e a través da páxina web e redes sociais de AJE Lugo.

7. Formación empresarial: ao longo destes anos AJE LUGO veu realizando cursos de corta duración en fins de semana ou o final da xornada laboral durante a semana sobre algunha materia de actualidade empresarial de interese para emprendedores e empresarios sobre xestión de redes sociais, temas de calidades, ... Algún exemplo destes seminarios serían o proxecto “Saeomercado” realizado durante os meses de xuño, xullo e setembro do ano 2010, o seminario Atrévete a exportar realizado en xuño de 2013, ou os talleres ‘Xove empresario emprende’ realizados ao longo do 2014, subvencionados polo IGAPE e que consistía en 6 módulos de catro horas de formación cada un nos que se lle trasladaban aos alumnos conceptos básicos e necesarios para a creación dunha empresa.

Na actualidade, e co obxectivo de prestar un mellor servizo ós seus asociados, AJE Lugo está integrada dentro das seguintes organizacións:

• Federación Galega de Xoves Empresarios (FEGAXE): órgano que reúne as cinco AJES provinciais de Galicia, e que ten por obxectivos representar aos xoves empresarios defendendo os seus intereses en tódolos foros posibles, servir de canle de comunicación entre empresas ca fin de crear redes de mercado propias, apoiar as iniciativas e vocacións empresariais entre os xoves, e proporcionar uns servizos aos asociados de formación, asesoramento, información e instalacións.

• Confederación Española de Asociaciones de Jóvenes Empresarios (CEAJE): organización sen ánimo de lucro, de ámbito estatal e carácter intersectorial, constituída o 23 de novembro de 1991. A filosofía fundacional de CEAJE é a de motivar, orientar e canalizar as iniciativas empresariais dos xoves emprendedores españois. Como máximo órgano representante dos xoves empresarios, ten por obxectivo prioritario a mellora do entorno no que nacen e se desenrolan as empresas, contribuíndo a fomentar a súa estabilidade, competitividade, innovación e internacionalización, así como contribuír a asegurar a súa supervivencia.

• Confederación de Empresarios de Lugo (CEL): organización sen ánimo de lucro, fundada en 1977, que aglutina ás asociacións empresariais e empresas da provincia de Lugo que libremente unen esforzos e buscan apoio profesional. Prestan aos seus asociados representación institucional e servizos de información e asesoría xurídica, laboral, económico - fiscal, en materia de prevención de riscos laborais, comercio exterior, formación e emprego, ... Ademais, subscriben convenios con outras entidades para facilitar aos seus asociados o acceso a produtos e servizos adicionais en condicións preferentes de financiamento, a prezos reducidos e con descontos especiais.

• Fundación CEL: entidade sen ánimo de lucro creada no ano 1997 no seo da CEL. O seu obxectivo fundamental é o fomento do espíritu emprendedor na provincia, respaldando proxectos empresariais dende os seus inicios ata a súa consolidación e facilitando a labor dos xoves emprendedores nos seus primeiros pasos. O seu proxecto máis destacado é o Viveiro de Empresas Fundación CEL

Número de socios: 
70
Datos de contacto
Pazo de Feiras e Exposición, Palomar s/n, Viveiro de Empresas da Fundación CEL, Viveiro nº19 CP: 27004
0
Lugo
Juan Manuel López Labrada
Carmen José López Rodríguez
Lucía Lavandeira Gorgoso
0
982 224 699
0
0
0
Información adicional
Organigrama: 
Juan Manuel López Labrada
Presidentes
Inés Maseda Francos
Gerente
Organigrama privado: 
0