ASOCIACIÓN RAIOLAS-AUTISMO LUGO

Información xeral
Asistencia social/Dereitos humanos
Educativas
Saúde
Descrición (galego): 

Asociación Raiolas foi constituída na cidade de Lugo o 29 de Abril de 2000. É unha asociación sen ánimo de lucro declarada no ano 2011 de Utilidade Pública, formada por pais e nais de persoas con Trastornos do Espectro do Autismo (TEA) e da Comunicación Social, que traballa na provincia de Lugo.

A misión da Asociación é a de mellorar a calidade de vida e a rede de servizos para as persoas con TEA e as súas familias, procurando a súa plena integración social e familiar.

A Asociación Raiolas-Lugo é unha asociación sen ánimo de lucro que nace no ano 2000 como unha asociación de pais e nais de persoas cun Trastorno do Espectro Autista (en diante TEA).
Creouse o 29 de Abril dese ano, como consta na súa Acta Fundacional. Posteriormente elaboráronse os Estatutos, que foron presentados na Consellería de la Presidencia con data de Rexistro de Entrada do 18 de maio do mesmo ano.

Raiolas ten a súa sede social en Lugo e o seu ámbito de actuación en Lugo e a súa provincia. Ata o ano 2002 ante a falta de servizos na provincia de Lugo, as familias víanse obrigadas a desprazarse fóra da provincia. Dende o momento que se creou a Asociación, o obxectivo principal foi poñer en marcha na provincia de Lugo un servizo de apoio especializado para persoas con TEA. Hoxe convertido nun Servizo Psicopedagóxico e de Logopedia, este servizo ten o Certificado de Calidade ISO 9001.

Poden ser socios da Asociación os pais-nais ou os titores legais de persoas con TEA (socios numerarios) e calquera persoa ou entidade que desexe colaborar (socios colaboradores).

Raiolas foi declarada Asociación de Utilidade Pública pola Xunta de Galicia no ano 2011 (DOG n.º102-Orde do 12/05/11

Número de socios: 
110
Datos de contacto
Rúa Lamas de prado nº 75 Baixo 27004 Lugo
0
Lugo
INÉS FLORES LOZANO - PRESIDENTA
0
982214504
0
0
0
Información adicional
Organigrama privado: 
0