Asociación socio-educativa Antonio Gandoy

Información xeral
Asistencia social/Dereitos humanos
Educativas
Familias con nenas e nenos menores de seis anos
Descrición (galego): 

Esta asociación ten como misión principal preservar, difundir e dar continuidade á labor socioeducativa desenvolvida por Preescolar na Casa, entidade que promovía unha cultura da infancia, pioneira e referente no desenvolvemento da parentalidade positiva nas familias galegas.
Décadas de traballo a prol da infancia, das familias a da cultura gale-gas,desde unha intervención educativa coa familia, orixinal e integradora caracterizada por unha perspectiva global, fixeron de Preescolar na Casa:
- Unha experiencia pioneira, ao terse anticipado ás leis que poste-riormente se promulgaron, e que instaban aos gobernos a desen-volver políticas de parentalidade positiva.
- Unha actuación vertebradora, no sentido de que integra e se de-senvolve na comunidade na que as familias viven, tratando de equi-librar e dinamizar, mediante a presenza de espazos para as familias, un territorio gravemente ferido pola despoboamento das areas rurais, así como polo envellecemento dos seus habitantes…
FINS DA ASOCIACIÓN SOCIO-EDUCATIVA ANTONIO GANDOY
• Preservar e difundir o legado inmaterial referido ao pensamento so-cioeducativo de Antonio Gandoy Díaz, a través da prestación de ac-tividades que viña desenvolvendo o programa Preescolar na Casa por el impulsado.
• Promover unha educación que capacite á persoa para comprender a realidade, intervir nela e vivir en harmonía consigo mesmo, cos de-mais e coa natureza.
• Difundir unha cultura da infancia, das súas necesidades, potenciali-dades e dereitos de acordo coa Convención dos Dereitos do Neno adoptada e ratificada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 20 de Novembro de 1989.
• Fomentar a educación da infancia a través de actividades preventivas e formativas que promovan o exercicio da parentalidade positiva.
• Promover a creación de servizos de atención socioeducativa a nenas e nenos e/ou familias de diferentes colectivos, do ámbito rural, po-boación dispersa e contornos familiares de especial vulnerabilidade, co fin de promover a igualdade de oportunidades e a conciliación da vida familiar e laboral.
• Fomentar o estudo, conservación e difusión da cultura tradicional galega así como o emprego e promoción da lingua galega.
• Fomentar a relación con entidades públicas e/ou privadas en aspectos que inciden no desenvolvemento e benestar da infancia e da familia.
• Promover programas de voluntariado para o desenvolvemento das accións que se leven a cabo.
III. ACCIÓNS
Para desenvolver os fins da Asociación socio-educativaAntonio Gandoy organízanse dous servizos:
. O Centro de Documentación e Difusión Antonio Gandoy, nace coa vontade de poñer en valor o legado material e inmaterial de Preescolar na Casa e de difundir unha cultura de atención á infancia.
Este centro xurde co convencemento de que a inversión pública rea-lizada neste proxecto non pode quedar desaproveitada, senón que debe ser posta en valor e a disposición dos cidadáns: pais, nais, in-vestigadores, formadores…na idea de dar a coñecer a experiencia educativa Preescolar na casa.
. Os Espazos das Familias que constitúen un lugar e un tempo de encontro para a formación de nais e pais sobre a primeira infancia das súas fillas e fillos. Son tamén, un espazo para o encontro e intercambio de experiencias, onde uns aprenden dos outros e as nenas e os nenos poden xogar con iguais.
A través das diversas actividades e mediante a observación, as familias poden chegar a coñecer e comprender o desenvolvemento dos seus fillas e fillos, enriquecendo a súa relación e dando respostas axeitadas ás súas necesidades e posibilidades. Ofrecen a posibilidade de encontro de familias dunha área xeográfica concreta (nais e pais coas súas fillas e fillos) con profesionais da Asociación socio-educativa Antonio Gandoy. Estas xuntanzas deséñanse e organízanse para dar reposta ás necesidades e inquedanzas educativas das familias e as necesidades de encontro das nenas/os, reforzando o exercicio da parentalidade positiva.

http://antoniogandoyeducacion.blogspot.com.es/

Número de socios: 
26
Datos de contacto
Garaballa de Arriba, 9 - LUGO
0
Mª Luísa Rey Otero-Presidenta
0
982216001
0
0
0
Información adicional
Organigrama privado: 
1
Imaxes: