Queres mellorar a comunicación e a xestión das redes sociais da túa asociación? Aprenderes a utilizar correctamente unha páxina de Facebook, unha conta en Twitter ou un blog corporativo? Saber como a eadministración pode beneficiarte nas túas xestións?
Esta é a túa oportunidade para perderes o medo e lanzáreste ao mundo 2.0. Inscríbete neste obradoiro formativo para coñecer todos os segredos das redes sociais e descubrir como estas ferramentas poden axudar á túa asociación a conectar cos seus membros e público obxectivo e a mellorar a súa comunicación online.
Tamén descubrirás ata que punto a e-administración pode facilitarte o traballo nas relacións con diferentes organismos.