Convocatoria selección 4 ponentes/conversadores das Conversas de Culturas. CulturaLab

Culturais

Un ano máis, e xa van dous, volve o CulturaLab do Máster de Servizos Culturais da USC.  Nesta edición, a do 2015/2016, o CulturaLab do Máster de Servizos Culturais da USC fai unha convocatoria para a selección de 4 ponentes/conversadores das As Conversas de Culturas. Estas Conversas terán lugar Casa do Saber de Lugo, e serán abertas para o público en xeral. no mes de abril e reivindican a conversa como unha forma máis de aprendizaxe.

Nesta ocasión As Conversas das Culturas terán como eixo a diversidade e a aposta pola ecoloxía das culturas e de saberes. Dende o CulturaLab do Máster enténdese que debemos ser capaces de construír estes outros paradigmas onde os coñecementos sexan pensados “dende as experiencias subalternas, e (e de como se) debe constitituir unha contribución tanto en relación coa autocomprensión como coa política pública que crea as condicións para transformar (e deformar) as relacións de subalternidade” (Mignolo,2003, 180). Non se trata só de visibilizar esa “outredade epistémica” (Castro Gómez, 2007, 20), se non facilitar o impulso doutros espazos de enunciación e co-crear ferramentas que o fagan posible.

Como participar para ser ponente/conversadore/a?

Aquelas persoas que desexen enviar unha proposta deben enviar un correo amsc.culturlab@usc.es ou a fran.quiroga@usc.es coa seguinte información (en formato pdf):

  • Nome e apelidos (poden participar persoas ou colectivos)
  • Centro de adscrición
  • Breve cv
  • Proposta de conversa (aquí debes indicar nun máximo de 4000 caracteres con espazos incluídos unha breve explicación, indicando que podes aportar ao debate)

Valorarase:

  • Adecuación ao obxecto de debate
  • Claridade de ideas
  • Innovación na proposta
  • Relevancia teórica da proposta

O Comité de Selección estará composto polos alumnos e alumnas matriculadas na edición 2015/2016 do Máster de Servizos Culturais da USC e o coordinador do CulturaLab, Fran Quiroga. Entre eles seleccionarán aos conversadores en función dos criterios establecidos.

Prazos:

Envío de propostas: ata o 29 de xaneiro

Selección das 4 propostas por parte do Comité de Selección: do 29 de xaneiro ao 20 de febreiro

Resolución de propostas seleccionadas: 5 de marzo

Cada ponente seleccionado recibirá 150 € (impostos engadidos), o custe do desprazamento, ata un máximo de 100€ e inclúese unha noite de hotel.

Esta proposta conta co financiamento do campUSCulturae, unha aposta da Universidade de Santiago de Compostela a prol das culturas do mundo, do entendemento multicultural e do fomento da diversidade e o pluralismo, que conta co apoio económico da Comisión Europea.

+ información en:  http://culturalab.tumblr.com/post/137162655106/aberto-o-prazo-para-parti...

Información do Máster de Servizos Culturais:http://www.usc.es/masteres/gl/masteres/artes-humanidades/servizos-cultur...

Para calquer dúbida poden dirixirse a: msc.culturlab@usc.es ou a fran.quiroga@usc.es